We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

TODO ME DÁ VOLTAS

by SUPEROITO

/
  • Streaming + Download

    Purchasable with gift card

     

1.
Intro 01:14
2.
Vagabundo 02:04
Non teño estudios, non teño traballo. Non teño carteira e tampouco teño cartos. Non teño parexa, non teño un negocio. Non teño cromos para cambiarche polo almorzo. Pero temos viño, para beber contigo. Se ti queres viño, bebe aquí comigo. Non teño tele, non teño consola. Non teño whisky que botarlle á coca-cola. Non teño leite, non teño tostadora. Non teño un piso para pasar a aspiradora. Pero temos viño, para beber contigo. Se ti queres viño, bebe aquí comigo.
3.
Ultimamente sempre te vexo moi triste, será porque a túa vida se parece a un chiste. Teus pais xa non te queren, nadie che fai caso, quixeches saludarme e rompiches un brazo. Fas unha festa no teu piso e non vai nadie, entras á discoteca con auriculares, e dinche que che quedan ben. Puxeches as gafas de pasta do revés. Non sabes bailar e sempre vistes mal, esa camisa parece de teu pai. Deixoute a moza por moverte mal na cama. Todos os días igual, pareces subnormal, e agora quéresme partir a cara. Vas de colega e eres unha puta merda. Fas un cursillo avanzado de cociña, e chamas a túa nai para darlle a volta á tortilla. Tes unhas zapatillas novas de moderno. Andas cos pés mollados cando chega o inverno. Non sabes que facer, non sabes onde esconderte, cando pasa de ti a filla do teu xefe. Compras gomina, pero ti que fas? es parvo! Non te das conta que ademais de feo es calvo. Non sabes bailar e sempre vistes mal, Esa camisa parece de teu pai. Deixoute a moza por moverte mal na cama. Todolos días igual, pareces subnormal, e agora queresme partir a cara. Vas de colega e eres unha puta merda.
4.
André acaba de saír do armario, porque quería morrear con Juan, estaban fartos de ter que agacharse, para que non lles berrase súa nai. Agora queren a revolución sexual para todos, que nadie os mire mal por abrazarse en calzoncillos, non queren baixar a cabeza diante dunha igrexa, nin dar explicacións se non llas piden os amigos. Pero o pai de Juan era un fascista, que cría que eso era unha enfermedad, e sempre lle ofrecía vinte euros, por pasear cunha muller da man. Agora queren a revolución sexual para todos, que nadie os mire mal por abrazarse en calzoncillos, non queren baixar a cabeza diante dunha igrexa, nin dar explicacións se non llas piden os amigos.
5.
Mira esa rapaza, tes que ver como te mira, creo que lle gustas, vai e sácaa a bailar, cóllea da cintura porque ti es o rei da pista, e dille que non pare, que non pare de bailar. Porque non podes parar! Nena! Si! Tes que bailar! Bótalle un sorriso e desabrocha a camisa, non tes pelos no peito pero eso da igual, podes seducila invitándoa a tequila, pero nunca pares, nunca pares de bailar. Porque non podes parar! Nena! Si! Tes que bailar! Ti sigues bailando e xa se está facendo día, os da discoteca din que queren cerrar, os zapatos xa empezaron a facer ferida, pero nunca pares, nunca pares de bailar. Porque non podes parar! Nena! Si! Tes que bailar!
6.
Eu teño un calcetin desparexado, sempre durme só no seu caixón. Cando chega o inverno sempre se pon triste; aínda que faga frío nadie o pon. Pero unha tarde de Abril bailaba na lavadora, e atopouse unha media que parecía estar sola. Ela lle dixo que tal? e o calcetín non moi ben! agarrouno dun fío e invitouno a comer. Eu teño un calcetin desparexado, que afogaba as penas en alcol. O seu terciopelo era tan quentiño, pero tiña un buraco no corazón.
7.
E se fai frío poño unha chaqueta, e se fai sol non quito a camiseta, e se fai vento escápame a melena, porque no inverno encendémola lareira. Estamos en Agosto, esto parece Abril, cando chega o inverno a primavera xa está aquí. E cando chove sempre se molla un pobre, e cando neva non podo vela herba, e cando orballa non saio con navalla, e cando trona non compro unha bombona. Estamos en Agosto, esto parece Abril, cando chega o inverno, a primavera xa está aquí. Estamos en Agosto, esto parece Abril, cando chega o inverno vou á piscina a Papucín. *********************************************************** Esta canción fai honra e xustiza á piscina de Papucín; piscina durante o verán e discoteca durante o inverno. ***********************************************************
8.
Eran as sete e cuarto dun Domingo pola mañá, e había tanta néboa que me custaba camiñar. Cruceime a unha persoa, non parecía estar tan mal, quixen falar con ela e aconteceume algo especial. Estaba tan cansado que non podía respirar, estaba tan borracho que me biquei con túa nai. Foi todo tan perfecto que xa non puiden esperar, saquei as mans do peto e inviteina a xantar. Por non querer casarte comigo naquel bar, cando me puxen de rodillas, agora chámasme papá. Estaba tan cansado que non podía respirar, estaba tan borracho que me biquei con túa nai.
9.
Coma un can 01:40
Eu teño un can que escribe poesía, que bebe el só nun día dúas botellas de ron. Que pasa a súa semana fumando marihuana, e soña con montar un grupo de rocanrol. Eu teño un can que viste de moderno, que pon gafas de pasta pero non ve mellor. Que baixa a Ultramarinos bailar con Arctic Monkeys, e liga con rapazas que ven pelis de amor.
10.
Fedello 01:51
Estaba farto de ser un escravo, de recoller sempre a miña habitación. Non quero merendar sen chocolate, nin ir á escola, eu quero ir de botellón. Non teño idade para saír de festa, tampouco cartos para coller o Castromil. Non quero que me mandes máis tarefas, nin que me berres cando vexa o Xabarín.
11.
Cruzámonos na rúa e con cara de princesa, miráchesme pra os ollos, eu mireiche ás tetas. Eu non che teño máis que un carro e moitas leiras. Eu era de Santaia, ti eras de Cerceda. Tiñas unhas converse e ulías a frambuesa, eu era un desgraciado jodido da cabeza. Queríaste casar. Querías unha nena. Eu quería un tractor novo para dar voltas na eira. Estabas estudiando para ser unha enxeñeira. Eu sempre ulía a campo e ti a biblioteca. Se ti non tiñas vacas, eu tiña moitas lerias. Se querías un can, eu dábache unha besta. E agora que rematou eu bótote de menos. E agora que non estás non hai quen compre o pienso. A miña vida sen ti, ten menos sentido que a dun tractor sin cabina.
12.
Pastillas de colores. Pastillas de sabores. Onde as compras? Onde as venden? Onde podo ir a pillar? As pastillas de colores quéroas todas pra min. Pastillas grandes. Pastillas pequenas. Todo me da voltas. Todas me marean. Onde as compras? Onde as venden? Onde podo ir a pillar? As pastillas de colores quéroas todas pra min.

about

*************************************************************************

Teñen que ser:

· Gianne - Canta, toca a guitarra e baila.
· Xabi - Baixista solista e coros á súa puta bóla.
· Glenn - Ten máis ritmo que un ciclista dopado.

*************************************************************************

Canta xente riquiña facendo coma quen:

· Daniel del Río Paderne - irmau, guapo e ligón da comarca
· Fátima Otero Garea - inspiración 60's en todos os temas
· Vanesa Quintela Rivadulla - cando bebe rompe cousas
· Vanessa Mosquera Cabanas - tequila e artista nos ratos libres
· Marquitos Martinez Viqueira - mellor amigo, lévanos na furgoneta
· Marcos Martinez Esmorís - prostituta de altísimas prestacións
· Brais Rodriguez Carreira - fontanero, rubio, nin puta idea meu

*************************************************************************

Coma Messi e Ronaldo tirando penaltis, nunca fallan:

· Marlene García - Ten no corpo todas as gracias do mundo.
· Rubén Sóñora - Algún día vaille xogar na liga inglesa de fútbol.
· Eva, Martín e Marta - Sacan as fotos coma os ducados: sin filtro.
· Fran Caamagno - O noso maestro; referencia musical e personal.
· Esteban Rodriguez - A xente intelixente tamén leva a gaita na man.
· María de Arzúa - Nai de Martinho a única que sabe cantar con xeito.
· Arturo Para Prego - De botar un cable tamén nos botou un ampli.

*************************************************************************
Mánager, representante e riquiña incondicional do grupo:

· Antía Pimentel Iglesias: sabe abrir mejillóns cos dedos dos pés.

*************************************************************************

Discográfica, os encargados de botarnos a bronca:

· Mou de Dios Ke Te Crew - Coma un pai con melena que rapea.
· Fredi García de Croma - Ten música electrónica dentro da cabeza.

*************************************************************************

E abrazos a patadas para a nosa xente de sempre,
que aínda sendo nós máis guapos nunca nos deixan de lado.

Bailádenos sempre con roupa interior limpa, que nunca se sabe.

*************************************************************************

credits

released March 15, 2014

license

all rights reserved

tags

about

SUPEROITO Ordes, Spain

Somos unha banda de rock.

contact / help

Contact SUPEROITO

Streaming and
Download help

Redeem code

Report this album or account

If you like SUPEROITO, you may also like: